AludecWeb corporativa orientada ó mercado internacional
Fundación Galicia EuropaGuía web
MACOGAWeb corporative orientada ó mercado internacional
Colexio Manuel PeleteiroWeb institucional con xestor de contidos a medida
MetBioCatSitio web de grupo de investigación da USC
Mercedes MoraEmpresa familiar de repostería
DisiclínProdutos de limpeza para hogar e industrial
FBA ConsultingVídeo publicitario INDAGA
Sabemos que os factores fundamentais para una óptima presenza web na Internet comeza por unha imaxe diferenciada da empresa e contidos de calidade con obxectivos de posicionamento ben definidos, todo elo nunha páxina web rápida, adaptativa e tecnicamente ben construída. Confiamos en que o deseño da nosa web sexa un bo exemplo destes principios e convidámoste a navegar polo noso portafolio.
Unha web diferenciada con contidos orientados ó noso público non garanten por si só obter visitantes. Necesitamos adaptar estes contidos ás consultas nos buscadores (posicionamento web) para aparecer nunha posición relevante nos resultados e saber canta xente visita a web da nosa empresa e se os nosos servizos, produtos ou contidos resultan do seu interese para acadar unha mellora continua (analítica web).
Un deseño web adaptativo (responsive), permite a un sitio web adaptarse a calquera dispositivo, móbil ou de sobremesa.
Se queres saber como se comporta un sitio web adaptativo nos diferentes dispositivos invitámoste a probar a nosa propia páxina no simulador que desenvolvemos para tal fin.
AludecWeb corporativa orientada ó mercado internacional
Fundación Galicia EuropaGuía web
MACOGAWeb corporative orientada ó mercado internacional
Colexio Manuel PeleteiroWeb institucional con xestor de contidos a medida
MetBioCatSitio web de grupo de investigación da USC
BeTICConsultora de RRHH para TIC
Omega de EconomíaWeb corporativa para asesoría de empresa en CMS WordPress
Clínica Dental Gómez BarreiroWeb corporativa con xestor de contidos a medida
Noroeste LocalWeb corporativa con xestor de contidos a medida
Club CAMMSitio web corporativo
InmopuentesWeb inmobiliaria con xestor de contidos a medida
Grupo ArialWeb corporativa e de exposición de proxectos
Galería TrintaWeb para una galería de arte con xestión de contidos a medida
Stock MMATenda online
O desenvolvemento dunha identidade corporativa e a creación da marca son os eixos sobre os que xira toda estratexia de produto e comunicación. E un traballo que leva estudo e análise e precisa da visión e necesidades das persoas e empresas coas que nos involucramos para acadar finalmente unha solución atemporal e axeitada.
Unha proposta de deseño efectiva nace sempre dun traballo feito a medida e dun equilibrio consciente entre formalidade e expresión.
Nós apostamos polo deseño gráfico como valor engadido ó produto e diferenciador sobre a competencia.
O deseño ten valor estratéxico e comprende o desenvolvemento de envases, rotulación, produto impreso (papelería de empresa, material divulgativo ou promocional), deseño de información, deseño web e de interface, e pode considerarse como o proceso de resolución dunha necesidade de comunicación (mellora da imaxe, comercialización, produto, normalización, etc.).
Mercedes MoraEmpresa familiar de repostería
DisiclínProdutos de limpeza para hogar e industrial
Grupo ArialPromoción inmobiliaria
Club CAMMXimnasio especializado en deportes de contacto
ProdentClínica dental
ViniloTenda de discos especializada
GMCHEstudio de arquitectura
InzaredeInvestigación social
YoogIogur xelado
EspavegaEmpresa de inversións
PoblanovaExpansión comercial
Mora EspressoMarca de producto de hostalería
Os medios de comunicación impresos requiren da observación exhaustiva da forma, efectividade e funcionalidade para transmitir a mensaxe, non só importa o seu contido. Un correcto deseño e produción contribúen á mellora, síntese e xerarquía da información.
Son moitos os motivos polos que o vídeo na web pode axudar a empresas e institucións.
Un vídeo de marca permitiranos presentar empresas de modo ameno e efectivo. Unha demostración de produto ou servizo será máis doado de entender e requirirá un mínimo esforzo por parte do usuario. Vídeos de formación ou divulgativos poden aforrar moito tempo ó seu público obxectivo, acadando tamén que a mensaxe resulte máis próximo.
A multitude de usos da produción audiovisual e a súa efectividade fan que esté acadando gran popularidade como ferramenta para que as empresas proxecten a súa mensaxe dun modo atractivo e diferenciado da competencia.
O vídeo axuda a mellorar o posicionamento, é doado de compartir e incrementa o tempo de permanencia do usuario na web.
A nosa proposta audiovisual comprende todas as partes do proceso: o deseño de guión, a gravación, edición e posprodución e a locución se o proxecto a require.
Un desenvolvemento á medida xeralmente non pode competir en prezo e en prestacións fronte a un paquete software estándar pensado para a nosa área de negocio, non obstante non sempre existe ese software no mercado ou ben partimos duns requirimentos moi específicos que os produtos estándar non cobren.
Para estes casos temos experiencia en programación de aplicacións á medida tanto web como de escritorio para ámbitos de negocio moi diversos.
Máis alá de aplicacións propiamente ditas calquera sitio web é susceptible de incluír funcionalidades non estándar que acheguen valor engadido ao sitio web: un buscador que localice resultados nun mapa, unha calculadora de presupostos, un xestor de solicitudes de emprego, unha área privada con contido para clientes...
A nosa dobre especialización en deseño e desenvolvemento de software fainos especialmente aptos para dar resposta a calquera destas necesidades non estándar.
Os desenvolvementos para dispositivos móbiles xuntan a conectividade da web coa mobilidade inherente a este tipo de disposivos e unha funcionalidade equiparable ao software de escritorio.
No caso particular dunha app asociada a un sitio web esta permítenos aumentar a fidelización e a facilidade de acceso aos servizos e integralos coas funcionalidades propias deste tipo de dispositivos, como poden a xeolocalización, a recepción inmediata de información e notificacións ou a integración cos periféricos do móbil: cámara, acelerómetro ou GPS.